venres, 31 de marzo de 2017

PROXECTO "OS ANIMAIS"

Na materia de Ciencias Naturais e durante case un mes traballamos no  "Proxecto dos Animais" aprendendo a clasificalos de acordo coas súas diferentes características. Fomos quen de facer unha taxonomía que é una clasificación xerarquizada, neste caso das diferentes especies do reino animal, polo que tivemos que aprender a traballar con esquemas.
Descubrimos que os animais poden clasificarse de acordo coa súa alimentación en hervívoros, carnívoros, detrívoros, preeiros e omnívoros. Os hervíboros comen vexetais, os carnívoros alimentanse de carne,  os detrívoros alimentanse de materia orgánica en descomposición, os preeiros de cadáveres doutros animais e os onmivoros comen todo tipo de alimentos.
Segundo á súa reproducción os animais poden ser ovíparos se nacen a partir dun ovo depositado pola femia encubado no exterior ou vivíparos, se nacen despois dun periodo de xestación no ventre da femia.
Segundo  teñan esqueleto ou non os animais poden ser vertebrados, se teñen columna vertebral esquelete e osos ou invertebrados, se non teñen esqueleto. 



Tamén coñecimos que os animais vertebrados divídense en mamíferos, aves, anfibios, peixes e reptiles. Os invertebrados pola súa banda divídense en medusas, esponxas, vermes, moluscos e artrópodos.
Cada un de nós investigou e buscou información dun animal diferente  e fixo unha presentación do seu traballo diante dos compañeiros e compañeiras esforzándose por ler en público cunha dicción e entoación axeitada. Neste caso non fixemos probas escritas senón que nos evaluaron de acordo coa calidade e o esforzo na realización dos nosos traballos e ao final...tivemos que facer una proba oral para demostrar o aprendido!.
 
 
 

luns, 13 de marzo de 2017

EXCURSIÓN A MEIRA E Ó NACEMENTO DO RÍO MIÑO

Para ampliar o tema da auga na terra que traballamos en Ciencias Sociais, visitamos o Concello de Meira para coñecer o nacemento do río máis importante de Galicia: O Rio Miño.
Despois dunha viaxe de pouco máis de 40 minutos chegamos a Meira e na praza do pobo encontrámonos coa guía do Concello quen nos explicou a orixe da vila, vencellada co Mosteiro de Santa María da Orde do Cister cuxos restos visistamos.


.
Tamén coñecimos a Igrexa de Santa María e as súas reliquias.


Fixemos un descanso e merendamos na Área recreativa "Profesor Río Barja", que leva o nome do xeógrafo e estudioso do Rio Miño e da súa contorna.
E filamente chegamos ó espectacular paraxe do Pedregal de Irimia, lugar onde nace o Río Miño. Trátase dunha Morrena  Glacial que deu lugar a esta peculiar formación rochosa debaixo da que trancorre o pequeno regato que despois de nutrirse de fontes e afluentes se convertirá no maxestuoso río que é o Miño
Con moito esforzo subimos pola morrena arriba como auténticos escaladores baixo un sol de xustiza que nos acompañou toda a xornada. Debaixo dos nosos pes escoitabamos o murmurio de rio Miño.
Foi un día moi especial que recordaremos sempre o igual que non esqueceremos a lenda da Meiga Irimia, coñecédela?.

mércores, 1 de marzo de 2017

GUIÑOL DE TITERES "GALIÑA PARA TRES"

En Lingua Castelá e dentro do Festival do Entroido, representamos unha obra de guiñol titulada "Gallina para tres" en distintas aulas do Centro. Dividímonos en equipos de catro membros de acordo cos persoaxes da obra:  O Narrador, a Raposa, o Raposo e Don Tigre polo que todos e todas tivemos a oportunidade de actuar. Fixemos nós mesmos os títeres empregando cánulas de plástico e cartoliñas.
 
 
Os mais pequechos e pequechas disfrutaron moito da nosa actuación, e foron un público excelente