E chegou a fin do curso....Que rápido pasou! Cantos recordos e bos momentos!. Agora imos descansar e pasalo ben nas vacacións de verán. O curso que ven en cuarto, imos ter oportunidade de realizar novos proxectos e experiencias. Agardamos seguir contando coa axuda de todos e todas. Gracias aos que seguístedes este blogue que fixemos con tanta ilusión.
Deixamosvos este video para desexarvos FELIZ VERÁN A TODOOOOOOS!
Para rematar o proxecto da localidade, construimos unha maqueta da cidade de Lugo. Montamos os diferentes tipos de construccións e situámolos nun plano orientativo da cidade de Lugo. Incluimos a Casa do Concello, a Catedral, a nosa escola, as principais rúas e por suposto... a Muralla Romana.
Investigamos sobre a orixe da nosa cidade e o seu nome, que para algún historiadores proven do termo latino Lucus Augusti: O Bosque Sagrado de Augusto. Outros pola súa banda, sosteñen que o nome de Lugo proven da voz celta "Lugh", o deus da luz para os habitantes prerromanos.
A cidade foi fundada entre os anos 13 e 25 antes de Cristo e a Muralla Romana foi construida entre os anos 260 e 325 da nosa era e case 200 anos despois segue no mesmo emprazamento. Lugo ten hoxe 98.000 habitantes.
O primeiro que fixemos foi repartirnos en equipos para recortar os diferentes tipos de edificacións: casas de planta baixa, edificios de varios pisos, colexio, etc... despois recortamos as árbores, vehículos de transporte, peóns e sinais de tráfico... Finalmente rematamos algúns elementos constructivos como muros, cerramentos, pontes etc.
En segundo lugar distribuimos todos os elementos da nosa cidade nun plano aproximado de acordo coas principais arterias da localidade. Repasamos as tres zonas dunha cidade: Casco historico, ensanche e periferia e caracterizamolos a semellanza de Lugo. Foi un traballo custoso pero....mereceu a pena non creedes?.
Se queredes vela mellor podedes visionar o seguinte video.
Moitas veces os episodios de violencia que presenciamos nos deixan sen palabras. Pablo Picasso expresou mellor que ninguén as consecuencias da guerra e da violencia no seu cadro sobre o bombardeo fascista da localidade de Guernica.
Pablo Picasso foi, xunto con outros pintores, fundador do Cubismo, un movemento pictórico que emprega figuras xeométricas para representar as formas da realidade. Este foi o motivo polo que o relacionamos co tema de xeometría que tratamos este trimestre en Matemáticas.
En
primeiro lugar coloreamos o noso propio Guernica tratando de
identificar os elementos figurativos que compoñen o cadro de Picasso
e o seu simbolismo. A nai co fillo en brazos, o touro, o cabalo, a
ave, o soldado e as mulleres...
Despois fixemos una representación en grande do cadro orixinal ainda que mais pequena, pois o verdadeiro mide case 4 metros de alto por 8 de longo.
E finalmente colocámolo no pasillo da escola. Agardamos que vos guste o resultado!!
Este venres foi un día moi especial. Acodimos invitados polo CEIP Menéndez Pelayo a representar a nosa obra de tetatro " Aula de tóqueme Roque". Alí tivemos o pracer de coñecer o proxecto sobre os pintores e pintoras impresionistas no que traballaron o longo do curso o alumnado e o profesorado deste centro.
E despois de ver a exposición pictórica, chegou o momento esperado: a estrea da nosa obra de teatro para nun salón de actos ateigado de público. Non imos negar que estábamos nerviosos. Pero todo saiu ben. Os aplausos do público nos reconfortaron e fixeronnos valorar as horas de ensaio investidas neste traballo.