Na materia de Ciencias Naturais e durante case un mes traballamos no "Proxecto dos Animais" aprendendo a clasificalos de acordo coas súas diferentes características. Fomos quen de facer unha taxonomía que é una clasificación xerarquizada, neste caso das diferentes especies do reino animal, polo que tivemos que aprender a traballar con esquemas.
Descubrimos que os animais poden clasificarse de acordo coa súa alimentación en hervívoros, carnívoros, detrívoros, preeiros e omnívoros. Os hervíboros comen vexetais, os carnívoros alimentanse de carne, os detrívoros alimentanse de materia orgánica en descomposición, os preeiros de cadáveres doutros animais e os onmivoros comen todo tipo de alimentos.
Segundo á súa reproducción os animais poden ser ovíparos se nacen a partir dun ovo depositado pola femia encubado no exterior ou vivíparos, se nacen despois dun periodo de xestación no ventre da femia.
Segundo teñan esqueleto ou non os animais poden ser vertebrados, se teñen columna vertebral esquelete e osos ou invertebrados, se non teñen esqueleto.
Tamén coñecimos que os animais vertebrados divídense en mamíferos, aves, anfibios, peixes e reptiles. Os invertebrados pola súa banda divídense en medusas, esponxas, vermes, moluscos e artrópodos.
Cada un de nós investigou e buscou información dun animal diferente e fixo unha presentación do seu traballo diante dos compañeiros e compañeiras esforzándose por ler en público cunha dicción e entoación axeitada. Neste caso non fixemos probas escritas senón que nos evaluaron de acordo coa calidade e o esforzo na realización dos nosos traballos e ao final...tivemos que facer una proba oral para demostrar o aprendido!.