E chegou a fin do curso....Que rápido pasou! Cantos recordos e bos momentos!. Agora imos descansar e pasalo ben nas vacacións de verán. O curso que ven en cuarto, imos ter oportunidade de realizar novos proxectos e experiencias. Agardamos seguir contando coa axuda de todos e todas. Gracias aos que seguístedes este blogue que fixemos con tanta ilusión.
Deixamosvos este video para desexarvos FELIZ VERÁN A TODOOOOOOS!
Para rematar o proxecto da localidade, construimos unha maqueta da cidade de Lugo. Montamos os diferentes tipos de construccións e situámolos nun plano orientativo da cidade de Lugo. Incluimos a Casa do Concello, a Catedral, a nosa escola, as principais rúas e por suposto... a Muralla Romana.
Investigamos sobre a orixe da nosa cidade e o seu nome, que para algún historiadores proven do termo latino Lucus Augusti: O Bosque Sagrado de Augusto. Outros pola súa banda, sosteñen que o nome de Lugo proven da voz celta "Lugh", o deus da luz para os habitantes prerromanos.
A cidade foi fundada entre os anos 13 e 25 antes de Cristo e a Muralla Romana foi construida entre os anos 260 e 325 da nosa era e case 200 anos despois segue no mesmo emprazamento. Lugo ten hoxe 98.000 habitantes.
O primeiro que fixemos foi repartirnos en equipos para recortar os diferentes tipos de edificacións: casas de planta baixa, edificios de varios pisos, colexio, etc... despois recortamos as árbores, vehículos de transporte, peóns e sinais de tráfico... Finalmente rematamos algúns elementos constructivos como muros, cerramentos, pontes etc.
En segundo lugar distribuimos todos os elementos da nosa cidade nun plano aproximado de acordo coas principais arterias da localidade. Repasamos as tres zonas dunha cidade: Casco historico, ensanche e periferia e caracterizamolos a semellanza de Lugo. Foi un traballo custoso pero....mereceu a pena non creedes?.
Se queredes vela mellor podedes visionar o seguinte video.
Moitas veces os episodios de violencia que presenciamos nos deixan sen palabras. Pablo Picasso expresou mellor que ninguén as consecuencias da guerra e da violencia no seu cadro sobre o bombardeo fascista da localidade de Guernica.
Pablo Picasso foi, xunto con outros pintores, fundador do Cubismo, un movemento pictórico que emprega figuras xeométricas para representar as formas da realidade. Este foi o motivo polo que o relacionamos co tema de xeometría que tratamos este trimestre en Matemáticas.
En
primeiro lugar coloreamos o noso propio Guernica tratando de
identificar os elementos figurativos que compoñen o cadro de Picasso
e o seu simbolismo. A nai co fillo en brazos, o touro, o cabalo, a
ave, o soldado e as mulleres...
Despois fixemos una representación en grande do cadro orixinal ainda que mais pequena, pois o verdadeiro mide case 4 metros de alto por 8 de longo.
E finalmente colocámolo no pasillo da escola. Agardamos que vos guste o resultado!!
Este venres foi un día moi especial. Acodimos invitados polo CEIP Menéndez Pelayo a representar a nosa obra de tetatro " Aula de tóqueme Roque". Alí tivemos o pracer de coñecer o proxecto sobre os pintores e pintoras impresionistas no que traballaron o longo do curso o alumnado e o profesorado deste centro.
E despois de ver a exposición pictórica, chegou o momento esperado: a estrea da nosa obra de teatro para nun salón de actos ateigado de público. Non imos negar que estábamos nerviosos. Pero todo saiu ben. Os aplausos do público nos reconfortaron e fixeronnos valorar as horas de ensaio investidas neste traballo.
Dentro do Proxecto de Ciencias Sociais "A Nosa Localidade" realizamos a visita ao Concello de Lugo para coñecer a casa do pobo.
Saimos ás once menos cuarto do colexio e emprendimos unha camiñata polas rúas da cidade que previamente estudamos no plano. Facía calor, pero percorrimos a distancia dende o barrio de Casás ata o centro da cidade en pouco mais de media hora.
Ao chegar recibiunos a alcaldesa da nosa cidade, Lara Méndez a quen lle puidemos facer un montón de preguntas. Así repasamos que os concelleiros son os representantes da veciñanza do Concello, onde debaten os asuntos de interese para a veciñanza. Tamén recordamos que o grupo mais votado nas eleccións que se celebran cada catro anos, é o responsable de formar goberno. Igual que na escola, os grupos resolven a través do dialogo e por votacións as diferencias de opinión sobre os diferentes asuntos.
Despois tomamos un petisco e xogamos no Parque da Praza Maior tomando forzas para o camiño de volta. Foi unha xornada inesquecible!!.
Para a celebración do Día das Letras Galegas realizamos unha adaptación da obra " A aula de tóqueme Roque" de Francisco García Purriños. Todos tiñamos intervencións na obra así que ensaiamos durante varios días para aprender o noso papel e prácticar os xestos, entoación, expresión corporal, movementos etc....
Estreámola o venres 19 para todo a alumnado de primaria do colexio e foi todo un éxito. A verdade é que conformamos un verdadeiro elenco de 26 actores e actrices. Deixamosvos este video para que poidades disfrutar da nosa representación. Agardemos que vos guste!!!!
E por fin chegou o día. O venres 12 de Maio fomos de excursión ao Concello de Friol para Coñecer a Fortaleza de San Paio de Narla. Saimos ás dez en punto do colexio e transcorrida media hora xa puidemos divisar ao lonxe a impresionante fortaleza. Cando chegamos quedamos impresionados pola "Torre do Homenaxe" que mide 11 metros de altura e alviscamos dende o aparcadoiro do autobús.
Despois recibiunos a guía da Fortaleza e explicounos a historia de San Paio de Narla. Construída nos séculos XII ou XIII pola familia dos Vasco de Seixas, pese a que as súas orixes son máis remotas. Os primeiros documentos que fan referencia á fortaleza son do século XIV, no ano 1350 era citada como "rocha de Narrela" e un século máis tarde sufriu os ataques dos Irmandiños, do que se ten constancia por documentos nos que Vasco de Seixas ordena realizar os traballos de reconstrución.
A continuación percorrimos as diferentes estancias da Fortaleza. A cociña, o salón, as dependencias dos cabaleiros, a sala dos carruaxes, a mazmorra e descubrimos estancias segredas.
Pero o máis alucinante de todo foi subir a torre do homenaxe por unhas escaleiras estreitiñas. Den alí divisamos a inmensa paisaxe. A verdade é que daba un pouco de medo asomarse polas almenas da torre…
E finalmente participamos nun taller onde aprendimos a recoñecer as marcas que os canteiros deixaban nas pedras coas que se construían os castelos e outras edificacións: OS SIGNOS LAPIDARIOS. Mesmo poidemos crear os nosos propios signos lapidarios en pezas de arxila coas que despois construimos o nosa propia fortaleza. Quedou xenial!!!!
Para rematar, merendamos no parque de Friol. Foi un día moi especial onde ademais coñecimos a lenda da Cova da Serpe...Coñecedela?