Amosando publicacións coa etiqueta Excursión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Excursión. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de xuño de 2017

VISITA O CEIP MENENDEZ PELAYO

Este venres foi un día moi especial. Acodimos invitados polo CEIP Menéndez Pelayo a representar a nosa obra de tetatro " Aula de tóqueme Roque". Alí tivemos o pracer de coñecer o proxecto sobre os pintores e pintoras impresionistas no que traballaron o longo do curso o alumnado e o profesorado deste centro.




E despois de ver a exposición pictórica, chegou o momento esperado: a estrea da nosa obra de teatro para nun salón de actos ateigado de público. Non imos negar que estábamos nerviosos. Pero todo saiu ben. Os aplausos do público nos reconfortaron e fixeronnos valorar as horas de ensaio investidas neste traballo.






luns, 15 de maio de 2017

EXCURSIÓN Á FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA


E por fin chegou o día. O venres 12 de Maio fomos de excursión ao Concello de Friol para Coñecer a Fortaleza de San Paio de Narla. Saimos ás dez en punto do colexio e transcorrida media hora xa puidemos divisar ao lonxe a impresionante fortaleza. Cando chegamos quedamos impresionados pola "Torre do Homenaxe" que mide 11 metros de altura e alviscamos dende o aparcadoiro do autobús.








 


Despois recibiunos a guía da Fortaleza e explicounos a historia de San Paio de Narla. Construída nos séculos XII ou XIII pola familia dos Vasco de Seixas, pese a que as súas orixes son máis remotas. Os primeiros documentos que fan referencia á fortaleza son do século XIV, no ano 1350 era citada como "rocha de Narrela" e un século máis tarde sufriu os ataques dos Irmandiños, do que se ten constancia por documentos nos que Vasco de Seixas ordena realizar os traballos de reconstrución.

 

 


A continuación percorrimos as diferentes estancias da Fortaleza. A cociña, o salón, as dependencias dos cabaleiros, a sala dos carruaxes, a mazmorra e descubrimos estancias segredas.














Pero o máis alucinante de todo foi subir a torre do homenaxe por unhas escaleiras estreitiñas. Den alí divisamos a inmensa paisaxe. A verdade é que daba un pouco de medo asomarse polas almenas da torre…






 





E finalmente participamos nun taller onde aprendimos a recoñecer as marcas que os canteiros deixaban nas pedras coas que se construían os castelos e outras edificacións: OS SIGNOS LAPIDARIOS. Mesmo poidemos crear os nosos propios signos lapidarios en pezas de arxila coas que despois construimos o nosa propia fortaleza. Quedou xenial!!!!

 
Para rematar, merendamos no parque de Friol. Foi un día moi especial onde ademais coñecimos a lenda da Cova da Serpe...Coñecedela?





 
 
 


 
 


luns, 13 de marzo de 2017

EXCURSIÓN A MEIRA E Ó NACEMENTO DO RÍO MIÑO

Para ampliar o tema da auga na terra que traballamos en Ciencias Sociais, visitamos o Concello de Meira para coñecer o nacemento do río máis importante de Galicia: O Rio Miño.
Despois dunha viaxe de pouco máis de 40 minutos chegamos a Meira e na praza do pobo encontrámonos coa guía do Concello quen nos explicou a orixe da vila, vencellada co Mosteiro de Santa María da Orde do Cister cuxos restos visistamos.


.
Tamén coñecimos a Igrexa de Santa María e as súas reliquias.


Fixemos un descanso e merendamos na Área recreativa "Profesor Río Barja", que leva o nome do xeógrafo e estudioso do Rio Miño e da súa contorna.
E filamente chegamos ó espectacular paraxe do Pedregal de Irimia, lugar onde nace o Río Miño. Trátase dunha Morrena  Glacial que deu lugar a esta peculiar formación rochosa debaixo da que trancorre o pequeno regato que despois de nutrirse de fontes e afluentes se convertirá no maxestuoso río que é o Miño
Con moito esforzo subimos pola morrena arriba como auténticos escaladores baixo un sol de xustiza que nos acompañou toda a xornada. Debaixo dos nosos pes escoitabamos o murmurio de rio Miño.
Foi un día moi especial que recordaremos sempre o igual que non esqueceremos a lenda da Meiga Irimia, coñecédela?.