Moitas veces os episodios de violencia que presenciamos nos deixan sen palabras. Pablo Picasso expresou mellor que ninguén as consecuencias da guerra e da violencia no seu cadro sobre o bombardeo fascista da localidade de Guernica.
Pablo Picasso foi, xunto con outros pintores, fundador do Cubismo, un movemento pictórico que emprega figuras xeométricas para representar as formas da realidade. Este foi o motivo polo que o relacionamos co tema de xeometría que tratamos este trimestre en Matemáticas.
En primeiro lugar coloreamos o noso propio Guernica tratando de identificar os elementos figurativos que compoñen o cadro de Picasso e o seu simbolismo. A nai co fillo en brazos, o touro, o cabalo, a ave, o soldado e as mulleres...

Despois fixemos una representación en grande do cadro orixinal ainda que mais pequena, pois o verdadeiro mide case 4 metros de alto por 8 de longo.
E finalmente colocámolo no pasillo da escola. Agardamos que vos guste o resultado!!