Amosando publicacións coa etiqueta 3º A. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º A. Amosar todas as publicacións

martes, 20 de xuño de 2017

O NOSO GUERNICA

Moitas veces os episodios de violencia que presenciamos nos deixan sen palabras. Pablo Picasso expresou mellor que ninguén as consecuencias da guerra e da violencia no seu cadro sobre o bombardeo fascista da localidade de Guernica.
 
Pablo Picasso foi, xunto con outros pintores, fundador do Cubismo, un movemento pictórico que emprega figuras xeométricas para representar as formas da realidade. Este foi o motivo polo que o relacionamos co tema de xeometría que tratamos este trimestre en Matemáticas.

En primeiro lugar coloreamos o noso propio Guernica tratando de identificar os elementos figurativos que compoñen o cadro de Picasso e o seu simbolismo. A nai co fillo en brazos, o touro, o cabalo, a ave, o soldado e as mulleres...
 
 
 
 



 
Despois fixemos una representación en grande do cadro orixinal ainda que mais pequena, pois o verdadeiro mide case 4 metros de alto por 8 de longo.




E finalmente colocámolo no pasillo da escola.  Agardamos que vos guste o resultado!!


luns, 22 de maio de 2017

OBRA DE TEATRO "A AULA DE TOQUEME ROQUE"

Para a celebración do Día das Letras Galegas realizamos unha adaptación da obra  " A aula de tóqueme Roque" de Francisco García Purriños. Todos tiñamos intervencións na obra así que ensaiamos durante varios días para aprender o noso papel e prácticar os xestos, entoación, expresión corporal, movementos etc....
Estreámola o venres 19 para todo a alumnado de primaria do colexio e foi todo un éxito. A verdade é que conformamos un verdadeiro elenco de 26 actores e actrices. Deixamosvos este video para que poidades disfrutar da nosa representación. Agardemos que vos guste!!!!




luns, 15 de maio de 2017

EXCURSIÓN Á FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA


E por fin chegou o día. O venres 12 de Maio fomos de excursión ao Concello de Friol para Coñecer a Fortaleza de San Paio de Narla. Saimos ás dez en punto do colexio e transcorrida media hora xa puidemos divisar ao lonxe a impresionante fortaleza. Cando chegamos quedamos impresionados pola "Torre do Homenaxe" que mide 11 metros de altura e alviscamos dende o aparcadoiro do autobús.








 


Despois recibiunos a guía da Fortaleza e explicounos a historia de San Paio de Narla. Construída nos séculos XII ou XIII pola familia dos Vasco de Seixas, pese a que as súas orixes son máis remotas. Os primeiros documentos que fan referencia á fortaleza son do século XIV, no ano 1350 era citada como "rocha de Narrela" e un século máis tarde sufriu os ataques dos Irmandiños, do que se ten constancia por documentos nos que Vasco de Seixas ordena realizar os traballos de reconstrución.

 

 


A continuación percorrimos as diferentes estancias da Fortaleza. A cociña, o salón, as dependencias dos cabaleiros, a sala dos carruaxes, a mazmorra e descubrimos estancias segredas.














Pero o máis alucinante de todo foi subir a torre do homenaxe por unhas escaleiras estreitiñas. Den alí divisamos a inmensa paisaxe. A verdade é que daba un pouco de medo asomarse polas almenas da torre…






 





E finalmente participamos nun taller onde aprendimos a recoñecer as marcas que os canteiros deixaban nas pedras coas que se construían os castelos e outras edificacións: OS SIGNOS LAPIDARIOS. Mesmo poidemos crear os nosos propios signos lapidarios en pezas de arxila coas que despois construimos o nosa propia fortaleza. Quedou xenial!!!!

 
Para rematar, merendamos no parque de Friol. Foi un día moi especial onde ademais coñecimos a lenda da Cova da Serpe...Coñecedela?





 
 
 


 
 


luns, 12 de decembro de 2016

O NOSO PLANETARIO

Esta é a maqueta do Sistema Solar  que realizamos como proxecto de Ciencias Sociais. Empregamos esferas de poliestireno que coloreamos en equipo con témperas. No centro podedes ver o Sol,  a figura de maior tamaño posto que se trata da estrela que da nome o noso Sistema Planetario. Os oito planetas que orbitan ao redor do sol aparecen representados  de acordo co  seu tamaño; Mercurio, Venus, Terra, Marte, Júpiter, Saturno, Urano e Neptuno.


Repartímonos en grupos para colorear  os planetas e o Sol tentando acadar o maior parecido co seu  aspecto orixinal.


Representamos cada planeta cunha escala e cores representativas



Finalmente suspendimos os planetas no teito da aula formado o noso Sistema Solar.