luns, 13 de marzo de 2017

EXCURSIÓN A MEIRA E Ó NACEMENTO DO RÍO MIÑO

Para ampliar o tema da auga na terra que traballamos en Ciencias Sociais, visitamos o Concello de Meira para coñecer o nacemento do río máis importante de Galicia: O Rio Miño.
Despois dunha viaxe de pouco máis de 40 minutos chegamos a Meira e na praza do pobo encontrámonos coa guía do Concello quen nos explicou a orixe da vila, vencellada co Mosteiro de Santa María da Orde do Cister cuxos restos visistamos.


.
Tamén coñecimos a Igrexa de Santa María e as súas reliquias.


Fixemos un descanso e merendamos na Área recreativa "Profesor Río Barja", que leva o nome do xeógrafo e estudioso do Rio Miño e da súa contorna.
E filamente chegamos ó espectacular paraxe do Pedregal de Irimia, lugar onde nace o Río Miño. Trátase dunha Morrena  Glacial que deu lugar a esta peculiar formación rochosa debaixo da que trancorre o pequeno regato que despois de nutrirse de fontes e afluentes se convertirá no maxestuoso río que é o Miño
Con moito esforzo subimos pola morrena arriba como auténticos escaladores baixo un sol de xustiza que nos acompañou toda a xornada. Debaixo dos nosos pes escoitabamos o murmurio de rio Miño.
Foi un día moi especial que recordaremos sempre o igual que non esqueceremos a lenda da Meiga Irimia, coñecédela?.

2 comentarios: