martes, 4 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO


O luns dia 3 de Abril celebramos no colexio o Día Mundial de Concienciación do Autismo. Traballamos o tema na aula co visionado do curtometraxe "O cazo de Lourenzo" que podedes ver a continuación e que vos recomendamos encarecidamente.

Fai clic na imaxe para ver o video


Despois inflamos globos azuis, a cor representativa do autismo, e baixamos ao patio todos e todas xuntas para tomar conciencia  da necesidade dun tratamento igualitario para todas as persoas con diversidade funcional.




En marzo de 2017 cúmprense dez anos dende a firma da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidades (CDPD). Con todo, malia que foi ratificada pola Unión Europea e case todos os Estados Membros, a súa aplicación é insuficiente en moitas áreas. Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (2 de abril), o movemento asociativo do Autismo en Europa e España chama aos responsables políticos da Unión Europea e á toda a cidadanía a adquirir un compromiso firme na eliminación das moitas barreiras que aínda impiden ás persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) a gozar dos seus plenos dereitos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario