Amosando publicacións coa etiqueta conmemoracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conmemoracións. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de maio de 2017

OBRA DE TEATRO "A AULA DE TOQUEME ROQUE"

Para a celebración do Día das Letras Galegas realizamos unha adaptación da obra  " A aula de tóqueme Roque" de Francisco García Purriños. Todos tiñamos intervencións na obra así que ensaiamos durante varios días para aprender o noso papel e prácticar os xestos, entoación, expresión corporal, movementos etc....
Estreámola o venres 19 para todo a alumnado de primaria do colexio e foi todo un éxito. A verdade é que conformamos un verdadeiro elenco de 26 actores e actrices. Deixamosvos este video para que poidades disfrutar da nosa representación. Agardemos que vos guste!!!!




mércores, 26 de abril de 2017

DIA DO LIBRO

Este luns 24 de Abril, para celebrar o "Día do Libro ", vimos un corto de debuxos animados que nos pemitiu reflexionar sobre a importancia da lectura para crecer como persoas completas e tamén a necesidade de ser os auténticos protagonistas da nosa principal obra: a nosa vida.
Recomendamos o seu visionado a todo o mundo dado o seu grande interese educativo.

                                                Preme na imaxe para ver o video

martes, 4 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO


O luns dia 3 de Abril celebramos no colexio o Día Mundial de Concienciación do Autismo. Traballamos o tema na aula co visionado do curtometraxe "O cazo de Lourenzo" que podedes ver a continuación e que vos recomendamos encarecidamente.

Fai clic na imaxe para ver o video


Despois inflamos globos azuis, a cor representativa do autismo, e baixamos ao patio todos e todas xuntas para tomar conciencia  da necesidade dun tratamento igualitario para todas as persoas con diversidade funcional.




En marzo de 2017 cúmprense dez anos dende a firma da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidades (CDPD). Con todo, malia que foi ratificada pola Unión Europea e case todos os Estados Membros, a súa aplicación é insuficiente en moitas áreas. Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (2 de abril), o movemento asociativo do Autismo en Europa e España chama aos responsables políticos da Unión Europea e á toda a cidadanía a adquirir un compromiso firme na eliminación das moitas barreiras que aínda impiden ás persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) a gozar dos seus plenos dereitos.