luns, 22 de maio de 2017

OBRA DE TEATRO "A AULA DE TOQUEME ROQUE"

Para a celebración do Día das Letras Galegas realizamos unha adaptación da obra  " A aula de tóqueme Roque" de Francisco García Purriños. Todos tiñamos intervencións na obra así que ensaiamos durante varios días para aprender o noso papel e prácticar os xestos, entoación, expresión corporal, movementos etc....
Estreámola o venres 19 para todo a alumnado de primaria do colexio e foi todo un éxito. A verdade é que conformamos un verdadeiro elenco de 26 actores e actrices. Deixamosvos este video para que poidades disfrutar da nosa representación. Agardemos que vos guste!!!!




1 comentario:

  1. O que me puiden rir coa representación da obra. E ensaiando o papel na casa. Moitas grazas por deixarnos desfrutar un pouco do traballo dos nosos fillos e do seu mestre.

    ResponderEliminar