luns, 29 de maio de 2017

VISITA AO CONCELLO

Dentro do Proxecto de Ciencias Sociais "A Nosa Localidade" realizamos a visita ao Concello de Lugo para coñecer a casa do pobo.
Saimos ás once menos cuarto do colexio e emprendimos unha camiñata polas rúas da cidade que previamente estudamos no plano.  Facía calor, pero percorrimos a distancia dende o barrio de Casás ata o centro da cidade en pouco mais de media hora.
 
 
 
 
 
 
Ao chegar recibiunos a alcaldesa da nosa cidade, Lara Méndez a quen lle puidemos facer un montón de preguntas. Así repasamos que os concelleiros son os representantes da veciñanza do Concello, onde debaten os asuntos de interese para a veciñanza. Tamén recordamos que o grupo mais votado nas eleccións que se celebran cada catro anos, é o responsable de formar goberno. Igual que na escola, os grupos resolven a través do dialogo e por votacións as diferencias de opinión sobre os diferentes asuntos.
 
 
 
 
 
 
 
Despois tomamos un petisco e xogamos no Parque da Praza Maior tomando forzas para o camiño de volta. Foi unha xornada inesquecible!!.

 
 
 
 

1 comentario:

  1. Moitas grazas por acercarnos un pouquiño as actividades dos nosos fillos.

    ResponderEliminar