Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto. Amosar todas as publicacións

luns, 29 de maio de 2017

VISITA AO CONCELLO

Dentro do Proxecto de Ciencias Sociais "A Nosa Localidade" realizamos a visita ao Concello de Lugo para coñecer a casa do pobo.
Saimos ás once menos cuarto do colexio e emprendimos unha camiñata polas rúas da cidade que previamente estudamos no plano.  Facía calor, pero percorrimos a distancia dende o barrio de Casás ata o centro da cidade en pouco mais de media hora.
 
 
 
 
 
 
Ao chegar recibiunos a alcaldesa da nosa cidade, Lara Méndez a quen lle puidemos facer un montón de preguntas. Así repasamos que os concelleiros son os representantes da veciñanza do Concello, onde debaten os asuntos de interese para a veciñanza. Tamén recordamos que o grupo mais votado nas eleccións que se celebran cada catro anos, é o responsable de formar goberno. Igual que na escola, os grupos resolven a través do dialogo e por votacións as diferencias de opinión sobre os diferentes asuntos.
 
 
 
 
 
 
 
Despois tomamos un petisco e xogamos no Parque da Praza Maior tomando forzas para o camiño de volta. Foi unha xornada inesquecible!!.

 
 
 
 

xoves, 6 de abril de 2017

O NOSO ANIMALARIO

Rematamos xa o noso animalario como cumio do proxecto de Ciencias Naturais sobre os animais. Cada un de nós elaboramos todos os animais que compoñen a maqueta. Tentamos contar cunha ampla representación da clasificación traballada na aula : peixes, aves, artrópodos e mamíferos terrestres.
Finalmente empregamos cartoliñas de cores e un taboleiro que penduramos do teito da aula. Levounos o seu tempo pero finalmente....conseguímolo!!!. Deixamosvos un video para que podades velo.

                                                     Preme na imaxe para ver o video

luns, 12 de decembro de 2016

O NOSO PLANETARIO

Esta é a maqueta do Sistema Solar  que realizamos como proxecto de Ciencias Sociais. Empregamos esferas de poliestireno que coloreamos en equipo con témperas. No centro podedes ver o Sol,  a figura de maior tamaño posto que se trata da estrela que da nome o noso Sistema Planetario. Os oito planetas que orbitan ao redor do sol aparecen representados  de acordo co  seu tamaño; Mercurio, Venus, Terra, Marte, Júpiter, Saturno, Urano e Neptuno.


Repartímonos en grupos para colorear  os planetas e o Sol tentando acadar o maior parecido co seu  aspecto orixinal.


Representamos cada planeta cunha escala e cores representativas



Finalmente suspendimos os planetas no teito da aula formado o noso Sistema Solar.